Saltar ao contido
Inicio » Blog » Guía didáctica sobre o Monte Veciñal en Man Común

Guía didáctica sobre o Monte Veciñal en Man Común

A guía didáctica titulada “As Terras Comunitarias de Galiza: o Monte Veciñal en Man Común” presentada pola ORGACCMM ten como obxectivo principal que o alumnado de ESO e Bacharelato coñezan, comprendan e avalíen a importancia da propiedade colectiva que representan os Montes Veciñais en Man Común.

Mediante esta guía elaborada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias se pretende recoñecer os valores que representan e dar a coñecer o traballo e a xestión comunitaria da terra baseada no funcionamento democrático e asembleario das comunidades de montes.

A ORGACCMM pretende que, a través deste texto educativo, a sociedade galega teña constancia da importancia das terras comunitarias na historia de Galiza. A súa condición de propiedade comunal e a súa xestión asamblearia converte os montes veciñais nun referente para construir unha sociedade máis solidaria e cooperativa.