Saltar ao contido
Inicio » Blog » A Xustiza anula as  adxudicacións  de naves industriais concedidas por Nidia Arévalo

A Xustiza anula as  adxudicacións  de naves industriais concedidas por Nidia Arévalo

A sentenza da Audiencia Provincial considera que non é válido o compromiso que, segundo afirmaban as empresas  demandantes, lles deu a alcaldesa de Mos de prorrogar os contratos en Monte Faquiña mais alá dos 50 anos estipulados por lei.

A Audiencia Provincial dictaminou a ilegalidade de prorrogar as concesións de naves industriais no polígono de Monte Faquiña mais aló do máximo legal de 50 anos como pretendía a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as empresas demandantes. 

Ademais a sentenza sinala que non se plasmou en ningún documento oficial a prorrogación dos contratos, nin sequera  hai informes técnicos previos e, sobre todo, non se someteu ao arbitrio do Pleno de Mos, órgano competente para resolver sobre esta cuestión. 

Na sentenza os xuices chaman a atención sobre a actuación da propia alcaldesa, quen, segundo ela mesmo testemuñou, comprometeuse a prorrogar as concesións  destes empresarios, cando ela non é competente e o propio pleno de Mos ten emitido resolucións en contra de prorrogar concesións unha vez esgotados os 50 anos permitidos por lei. 

O Tribunal Provincial destaca tamén que as empresas demandantes non cumpriron as contrapartidas  comprometidas para a concesión da prorrogación, xa que segundo reflexa a sentenza non queda acreditado que crearan postos de traballo nin que invertiran en mellorar as instalacións. 

Esta sentenza ven a respaldar o traballo da Comunidade de Montes de Tameiga por regularizar os alugueres no polígono de Monte Faquiña. Acabaronse  os chanchullos, agora todas as empresas pagarán o mesmo polo aluguer. Un prezo m2 fixado pola asemblea de comuneiros e sempre por debaixo do prezo de mercado” subliña Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. 

Resaltan desde a Comunidade que o Polígono Industrial de Monte Faquiña está con  plena ocupación, a pesar das reiteradas amenazas de algún destes empresarios de fuxir a Portugal. “Non esquezamos que o recaudado no polígono se destina a labor social e cultural na parroquia de Tameiga” indica o presidente da Comunidade de Tameiga.