A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga é unha entidade sen ánimo de lucro que aglutina a máis de 400 familias comuneiras e xestiona actualmente máis de 90 hectáreas de superficie forestal para conseguir beneficios medioambientais, sociais, enerxéticos e económicos para a súa veciñanza.
Obxetivos
O propósito da Comunidade de Montes de Tameiga é a xestión do territorio e a defensa e promoción do patrimonio común.
Rexímonos polos valores da conservación do medio rural e o desenvolvemento de actividades socioeconómica respectuosa co entorno natural. Ademais, traballamos pola cohesión da veciñanza organizando e patrocinando propostas sociais, lúdicas, didácticas e culturais.
Servizos
Nos terreos da Comunidade de Montes de Tameiga xestionanse os recursos acuíferos do territorio por parte da veciñanza e, ademais, a Comunidade de Montes explota de forma sostible a masa forestal para repartir biomasa entre a veciñanza comuneira, con máis de 350 pedidos anuais de 3 m3 cada un, a prezo de custo.
Tamén, esta entidade é titular dun viveiro de empresas e do polígono industrial de Monte Faquiña, con máis de vinte naves industriais, que xeran centos de empregos.
Xunto á biomasa, a Comunidade de Montes promove a ampliación da súa comunidade enerxética cun proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos tanto nas naves do parque empresarial como nas propias vivendas. O obxectivo é fomentar as enerxías limpas e propiciar un autoconsumo sostible e de proximidade.
Aberto a toda a cidadanía, a Comunidade de Montes de Tameiga conta cun centro social, cultural e deportivo (C.S.C.D.), As Pedriñas, dotado de cantina, área infantil con piscina, pistas deportivas, locais para a celebración de cursos e servizos para autocaravanas. No CSCD As Pedriñas tamén se integra a Sala Rebullón, un espazo multidisciplinar adicado á cultura e á música en particular, cunha programación constante de concertos e espectáculos para todo tipo de públicos, con especial atención ás propostas máis interesantes nacidas en Galicia.
Cronoloxía
Actividades
Recursos
Colaboracións
- Escola infantil Cototorrón
- Costoias
- Comunidade usuarios cemiterio de Tameiga
- Memoria historica Mos
- Comunidades de Augas de Tameiga (xa desaparecida)
- Comunidade de augas da Igrexa
- Asoc. Xuvenil Rebumbio
- Club deportivo Louro
- Revista Residentes de Mos Arxentina
