Saltar ao contido

III Trail Salvamontes

O Trail Salvamontes volve no 2026 cunha nova edición organizada pola Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga e o Centro Cultural Social e Deportivo As Pedriñas.

O evento deportivo terá lugar o Domingo 1 de novembro de 2026 ás 10h e nesta ocasión contará con tres probas que se levarán a cabo de forma simultánea:


–Trail: A proba raíña. Para os que senten o monte nas pernas e o desafío no peito. 16’5K de percorrido a través dos montes de Tameiga cun desnivel positivo de 670m. Esixe, emociona e recompensa.

Trailiño: O primeiro gran paso. Ideal para quen quere estrear os seus pés no mundo do trail con 10K de bosque, monte, subidas e baixadas cun desnivel positivo de 365m.


–Saltón: Unha nova maneira de vivir o trail. Esta proba será un percorrido adaptado para que cada corredor e corredora poida medirse co monte ao seu ritmo, coas súas posibilidades e coa súa forza. Terá unha distancia de 1K cun desnivel positivo de 20m.


Todo o evento, incluído a saída e a chegada das probas, terán lugar no Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas, en Tameiga.

Actualizamos:

O III Trail Salvamontes tivo máis de 300 participantes que apostaron por vir disfrutar e sufrir a partes iguais dos montes de Tameiga. Xa van tres edicións do Trail Salvamontes e sabemos que sen todo este equipo de persoas sería imposible levalo a cabo . Voluntarias, voluntarios, traballadores e traballadoras da Comunidade de Montes e moitos máis levan traballando durante case todo un ano para que o evento funcione á perfección!