
IV Certame de Fotografía CMVMC Tameiga 2026
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga ten o pracer de presentar a cuarta edición do seu certame fotográfico, unha cita xa consolidada no noso calendario cultural. Coa finalidade de poñer en valor a riqueza paisaxística, etnográfica e humana do noso monte veciñal, convidamos a todas as persoas afeccionadas á fotografía a participar nesta nova edición.
Búscanse imaxes que capturen a esencia de Tameiga: a beleza dos seus soutos, camiños, fontes ou fauna. O certame é u nha oportunidade para amosar con novos ollos a nosa contorna natural e divulgar o seu valor patrimonial.
Anímate a participar e compartir a túa visión do monte.
As bases e prazos estarán dispoñibles nesta mesma páxina e podes formalizar a túa inscrición no seguinte ENLACE
