Saltar ao contido

Comunidade Enerxética

Que son as Comunidades Enerxéticas?

Segundo a definición de Ecooo Energía Ciudadana S. Coop.: “As Comunidades Enerxéticas defínense como unha “nova” ferramenta utilizada por grupos de persoas que traballan de forma conxunta en torno a proxectos relacionados coa enerxía, impulsando diferentes accións que buscan beneficios medioambientais e sociais.
Ofrecen a oportunidade de que as persoas organícense en torno a proxectos para satisfacer as súas necesidades enerxéticas de forma sostible, responsable e solidaria. Promoven a descentralización dos medios de produción enerxéticos, ampliando a propiedade dos mesmos, pondo de verdade a enerxía en mans das persoas. As Comunidades Enerxéticas tamén posibilitan a cohesión social, fomentando o apoio mutuo, a aprendizaxe conxunta e a creación de grupos que constrúan xuntos”.

A Comunidade Enerxética de Tameiga

A pesares de ser unha normativa europea do 2019, nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común esta idea non é nova, e en concreto na CMVMC de Tameiga levamos xestionando a biomasa do noso territorio forestal máis de 20 anos. Este reparto de leña é, de feito, un reparto enerxético que lle ofrecemos a todas as familias comuneiras da nosa parroquia. Xunto coa organización democrática da CMVMC, onde por medio da Asemblea tómanse as decisións sobre qué facer cos recursos do noso territorio, podemos asegurar que somos Comunidade Enerxética desde antes de que se empezase a falar en Europa deste modelo de reparto enerxético local.

Xestión e reparto de enerxía fotovoltaica

Estamos colocando paneis solares fotovoltaicos aproveitando a superficie nas cubertas dos tellados das naves do Polígono Industrial de Faquiña. Estas instalacións servirán para xerar enerxía limpa para toda a veciñanza comuneira que quera participar nesta iniciativa. Nesta primeira fase, o noso obxectivo é concederlle 1 kW (equivalente a ter 2 paneis solares FV) a cada familia comuneira, o que suporá aforros do 30%, dependendo do consumo.
Dispomos do estudo e deseño do proxecto da Comunidade Enerxética de Tameiga realizado por Ecooo Energía Ciudadana S. Coop. e financiado polo programa europeo Energy Communities Repository, que nos ofrece unha guía de crecemento para os próximos 5 anos.

As instalacións solares que xa están producindo enerxía

Cal é o proxecto que queremos levar a cabo?

Ao xestionar terreo, a CMVMC de Tameiga dispón dunha zona industrial (Monte Faquiña) na que se atopan 20 naves industriais con, aproximadamente, 7.700 m2 de cubertas susceptíbeis de colocar paneis solares. Preténdese utilizar o teito destas naves para colocar paneis solares e conseguir repartir esta enerxía entre industrias e comuneiros, e para iso a mellor opción é a de ser recoñecidos como unha CCE. Ademáis, a cesión do dereito de uso dos tellados dos comuneiros aumentaría considerablemente a superficie dispoñíbel para a colocación de paneis solares, porque ao ser unha zona semi-rural, a maioría dos comuneiros viven en casas. Aproximadamente, 300 comuneiros viven en casas unifamiliares, con consumo estimado de electricidade de 1 GWh anual, das cales o 40% pode ter boa orientación. De media, un tellado dispón de 60 m2, polo que a superficie dispoñíbel nos tellados dos comuneiros rondaría os 7.000 m2, permitindo colocar máis de 1 MWp.

Actualmente dispomos de 3 instalacións fotovoltaicas (100 kWp, 80 kWp e 25 kWp) que permiten un autoconsumo individual nas naves onde se atopan, abaratando os costes de producción e mellorando a competitividade das enpresas beneficiadas. A capacidade total prevista atópase entre 5 MWp e 7 MWp se se utiliza toda a superficie dispoñíbel nos tellados das naves industriais e nos tellados dos comuneiros. Polo tanto, ne Tameiga existe un gran potencial para crear un núcleo enerxético cercano á autosuficiencia grazas aos recursos de biomasa e de fontes de enerxía renovable dispoñibles como a fotovoltaica, ou outras susceptibles de implementar (eólica e minihidráulica).

A Comunidade Enerxética complementaríase con outros servizos destinados a satisfacer e complementar as necesidades enerxéticas da veciñanza apostando pola mobilidade sostible mediante a instalación de puntos de recarga para coches eléctricos e apostar polo emprego de medios de transporte que axuden a reducir o consumo de fontes de enerxía non renovables, por exemplo coa posta en marcha dun “car sharing”. Destacar a importancia de optimizar o consumo enerxético, dado que, a mellor enerxía é a que non se malgasta, preténdese buscar a eficiencia no consumo non solo coa enerxía, tamén apostando pola reciclaxe que axude a reducir a pegada de carbono e descarbonización. Para iso, queremos apostar polo asesoramento e formación das persoas de todas as idades.

Por todo isto, o noso obxectivo é constituírnos como unha Comunidade Cidadana de Enerxía sen deixar de ser unha Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e, deste xeito, crear as bases para que outras CMVMC de Galiza (existen 2.992 entidades deste tipo en Galiza, segundo os datos da Consellería do Medio Rural en 2019) que ocupan a cuarta parte do territorio galego, chegando a contar con máis de 700.000 hectáreas (7.000 km2), podan replicar este modelo e poder, así, axudar a todas as familias que pertencen a estas comunidades. Segundo a Consellería do Medio Rural en 2019, o número de comuneiros en Galiza era de 118.564 e, tendo en conta que hai un comuneiro por casa e de media 4 personas por casa, a poboación obxectivo ascendería a case 500.000 personas.

Cómo abordar a pobreza enerxética e axudar ao grupos vulnerables?

Tense previsto realizar unha auditoría enerxética entre os comuneiros para así deseñar un reparto o máis acorde posible coa situación económica de cada familia, conseguindo unha redistribución equitativa da enerxía xerada polas nosas instalacións.

Actualmente, na xestión da biomasa, ofrecemos a opción da recollida gratuíta das pólas con diámetro menor ao necesario para o seu corte automatizado. Este servizo axuda ás familias máis vulnerables e lles da a oportunidade de quentar as súas casas de xeito igualmente eficaz.

Que nos une ás Comunidades Enerxéticas?

A nosa CMVMC conta con 400 comuneiros (2022), e un dos obxectivos é a xestión das 90 ha de terreo veciñal forestal coas que contamos para satisfacer as necesidades enerxéticas da poboación de Tameiga (3.280 habitantes en 2021, segundo o INE). Para logralo, existe un plan de ordenación que planifica as existencias e os recursos necesarios a medio e longo prazo. Este sistema, acualmente, logra repartir, a prezo de costo, 350 pedidos anuais de 3 m3 cada un, e ten conseguido un cambio de tendencia entre a poboación, que cambiou as caldeiras de gasoil-fuel-gas por caldeiras de leña. Ao ser leña/biomasa xestionada de forma organizada, este recurso enerxético é renovable e sostible, minimizando o impacto sobre o quecemento global.

Non so o reparto enerxético de biomasa nunha CMVMC asemella ao reparto enerxético dunha Comunidade Ciudadana de Enerxía (CCE), tamén a organización. Segundo a Directiva (UE) 2019/944, de 5 de xuño de 2019, no artigo 2.11, define ás “Comunidades Cidadanas de Enerxía” coma unha entidade xurídica que:

  1. Basease na participación voluntaria e aberta, cun control efectivo exercido polos socios ou membros que sexan personas físicas, autoridades locais, incluídos os municipios, ou pequenas empresas,
  2. O obxectivo principal consiste en ofrecer beneficios medioambientais, económicos ou sociais aos seus membros, ou socios, ou á localidade na que se desenvolve a súa actividade, máis que xerar unha rendabilidade financieira, e
  3. Participa na xeración, incluída a procedente de fontes renovables, a distribución, o suministro, o consumo, a agregación, o almacenamento de enerxía, a prestación de servizos de eficiencia enerxética ou, a prestación de servizos de recarga para vehículos eléctricos ou doutros servizos enerxéticos aos seus membros ou socios.

Comparando a organización dunha CMVMC coa dunha CCE, temos que:

  1. (artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia). Función social dos montes:

A Asemblea Xeral, da que forman parte todos os comuneiros e comuneiras, é o órgano supremo de expresión da voluntade da Comunidade veciñal.

A Xunta Reitora é o órgano de goberno, xestión e representación da Comunidade.

Estará composta por un Presidente e o número de Vogais que sinales os Estatutos, sen que en ningún caso poidan ser menos de dous. A Xunta Reitora será escollida pola Asemblea Xeral por un período máximo de 4 anos.

b. (artigos 14 e 15 da Lei de montes 13/1989, do 10 de Outubro):

  1. Os terreos forestais galegos constitúen un recurso estratéxico que haberá de contribuir ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia, xerando rendas e emprego na Comunidade Autónoma mediante un aproveitamento sostible dos seus recursos e servizos.
  2. Os montes desenvolven unha función social relevante, nos termos do artigo 4 da Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes.
  3. A consellería competente e materia forestal promoverá a dispoñibilidade de montes e terreos forestais para fins sociais, educativos, ambientais e recreativos, compatibilizados coa potencialidade e utilización forestal dos mesmos.
  4. A conservación, expansión e aproveitamento das masas forestais, segundo os criterios de xestión forestal sostible e o disposto na presente Lei, é de interese público, ser perxuízo do réxime da propiedade.

c. (artigo 84.1 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia). Dos produtos e servizos do monte.

A persona titular do monte é propietario dos recursos forestais que se producen en el, tanto madeireiros como non madeireiros, incluíndo, entre outros, a madeira, a biomasa forestal, os pastos, os aproveitamentos cinexéticos, os cogomelos, os froitos, os corchos, as resinas, as plantas aromáticas e mediciñais e os produtos apícolas, tendo dereito ao seu aproveitamento, que se realizará con suxeición ás prescripcións da presente Lei e disposición que se desenvolvan.

En Europa existen entidades similares ás CMVMC como:

  • Baldíos (Portugal): Decreto-lei 39/76 de 19/1/1976; Decreto-lei 40/76 de 19/1/1976
  • The Forest of the Val di Fiemme in Northern Italy
  • Swedish Common Forests
  • Crofter Forestry in Scotland
  • Saami Reindeer Herders in Swedish Forests
  • Community Forestry in the Borders Region of Scotland
  • Communities and Biodiversity Conservation in the Mediterranean Region
  • Urban Community Forestry in London
  • Commune Forest in France
  • Encouraging Involvement in Public Forest Management (Finland, Denmark and Switzerland)
Qué tipo de apoios financeiros recibiu o noso proxecto?

A financiación das instalacións fotovoltaicas que temos foi grazas a:

  • Axudas autonómicas: como os fondos do INEGA ou FEDER.
  • Financiación cooperativa: préstamo a interés moi baixo por parte de Coop57.
  • Financiación propia.
Cales son as barreiras e os desafíos do noso proxecto actualmente?

A lexislación española sobre Comunidades Enerxéticas aínda está en proceso de redacción e de estudo, na procura de incluír a todas s entidades susceptibles de poder converterse en CE. Dende o noso punto de vista, e despois de explicar previamente as similitudes entre CMVMC e CCE, incluír ás CMVMC sería beneficioso para unha gran cantidade de familias en Galiza. Este modelo sería replicable por 2.992 CMVMC, e, grazas á forma de xestión e organización que temos, cumpliríamos á perfección a intención principal da Directiva europea 2019/944: a xestión dos recursos enerxéticos por parte da cidadanía local de xeito independente.

Existen unha serie de barreiras técnicas en canto á conexión das instalacións á rede eléctrica, onde atopamos moitas dificultades para entregar documentación por falta de facilidades que da a empresa distribuidora eléctrica da zona.

Existen outras CMVMC cunha longa experiencia de aproveitamento enerxético doutros recursos. Na actualidade, son uns dos principais actores onde se xera enerxía dunha gran cantidade de instalacións eólicas e biomasa, e en menor medida, doutras fontes de xeración renovable, como solar fotovoltaica ou minihidráulica.

A cercanía dos comuneiros das CMVMC ás propias fontes de xeración no monte comunal facilita o desenvolvemento dunha Comunidade Enerxética, e a CMVMC de Tameiga pode representar un modelo a seguir e replicar, tanto para outras CMVMC e figuras similares en Europa, como para a sociedade.

En conclusión, o noso desafío é demostrar que as CMVMC podemos constituírnos como Comunidades Cidadanas de Enerxía porque temos a experiencia, a capacidade e os recursos suficientes para afrontar a organización, xestión e distribución da enerxía xerada polas nosas instalacións fotovoltaicas, ao igual que levamos facendo coa biomasa dende hai máis de 30 anos.

Contactanos

Se tes interese na nosa Comunidade Enerxética cubre este cuestionario e en breve poñerémonos en contacto contigo

    Xestión e reparto da biomasa

    Ofrecemos a todas as familias comuneiras a posibilidade de pedir leña xa lista para o seu uso (cortada e rachada) con servizo de transporte incluído ás súas casas. Todo isto a prezo de custe do proceso, sen obter un beneficio económico para a CMVMC pero si para as familias.
    Este servizo provocou o cambio de tendencia da parroquia no uso de caldeiras de combustibles fósiles cara ao uso de biomasa xestionada de xeito renovable, obtendo beneficios medioambientais e económicos na poboación local.

    As instalacións de biomasa