Saltar ao contido
Inicio » Blog » A Xustiza respalda de novo á Comunidade de Montes de Tameiga

A Xustiza respalda de novo á Comunidade de Montes de Tameiga

O Xulgado do contencioso nº2 de Pontevedra anulou a resolución do Concello de Mos mediante a cal Nidia Arévalo obrigou a retirar unha pancarta reivindicativa dunhas instalacións propiedade da Comunidade de Montes de Tameiga, ademais a sentenza ordea a devolución da sanción imposta polo Concello de Mos.  

A Comunidade de Montes de Tameiga denuncia a campaña de acoso e persecución de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos contra todo veciño ou colectivo que exprese o seu rexeitamento contra a expropiación e recalificación do monte comunal de Tameiga para a construción dun Macro Centro Comercial. Pelotazo urbanístico do que a rexidora do Partido Popular é a principal promotora.

Indican que non é o primeiro intento de Nidia Arévalo de calar á veciñanza mediante denuncias ou sancións municipais facendo abuso do poder que lle confire o seu cargo. A Comunidade lembra que todos os veciños e veciñas que foron acusados por elas foron absoltos pola xustiza que desetimou todas e cada unha das acusacións da alcadesa. Anteriormente foi a Xunta Electoral de Tui quen desestimou as denuncias do Partido Popular pretendendo que se obrigar a retirar as pancartas reivindicativas das casas particulares da veciñanza comuneira.

Sinalan que o despotismo da alcaldesa de Mos topou de novo coa reprobación da Xustiza, quen anulou o procedemento de sanción aberto polo Concello de Mos contra a Comunidade de Montes pola colocación dunha pancarta reivindicativa dentro das propias instalacións da comunidade.

Na sentenza, o xulgado nº2, recalca que a actuación municipal promovida por Nidia Arévalo está vulnerando o dereito de liberdade de expresión intentando acalar os actos de  protesta da veciñanza facendo un uso arbitrario da súa autoridade como alcaldesa eos resortes do poder municipal.

A xustiza está da nosa parte. Non van conseguir amedrentarnos, a veciñanza comuneira seguirá defendendo o monte comunal a pesar da campaña de acoso que sufrimos por parte da alcaldesa de Mos” asegura o novo presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, César Lago.