Saltar ao contido
Inicio » Blog » Inaguración do roteiro “monte en man común de Tameiga”

Inaguración do roteiro “monte en man común de Tameiga”

A Comunidade de Montes de Tameiga inagura o seu roteiro “monte en man común de Tameiga” cunha anadina guiada por un biólogo quen explicou as especificidades da fauna e flora que conforman o ecosistema do monte de Tameiga.

Todos os domingos se realizará esta Andaina Guiada por un biólogo para grupos reducidos de 20 persoas, inscripción gratuita con preferencia para a veciñanza comuneira.

Esta característica do monte de Tameiga permite a vida dun sen fin de especies do reino vexetal e animal constituindo un ecosistema de alta biodiversidade. Segundo a altitude da zona e as condicións do chan conviven carballos con outros especimens como castaños, acebres, espinos, loureiros, pereiras e outras árbores froiteiras silvestres.

O monte de Tameiga consta cuns recursos hídricos soterrados nos que é dificil cuantificar o volume e que corresponden a unha capa “subdémica” que xera os acuíferos de ladeira, de ciclo moi curto e ligados fundamentalmente ao réxime pluviométrico. Neste ecosistema húmido e sombrio medran e se conservan unha ampla colección de liques, musgos e fentos.

O monte de Tameiga aproveita os seus recursos, entre eles a auga, imprescindible para a vida. “As Traídas de Augas” xestionan de xeito comunal a auga para as veciñas e veciños cun modelo de autoxestión, asambleario e partícipe. Preservar o monte é imprescindible para frear o deterioro que está a sufrir o planeta e acadar que a humanidade non rebase o punto de non retorno ecolóxico. O mellor xeito de garantir un futuro verde e que as decisións sobre a xestión dos recursos vitais sexan tomadas entre todas e todos.