Este pasado domingo 2 de novembro celebrouse a segunda edición do Trail Salvamontes con máis de 100 participantes que apostaron por vir disfrutar e sufrir a partes iguais dos montes de Tameiga. Desde aquí queremos darlle as grazas a todas as persoas involucradas para que un evento desta magnitude puidese saír adiante: persoas voluntarias, comuneiras e comuneiros, persoal da forestal e da cantina e ao persoal de Team Relay e Magma Sports polo seu traballo. Dende a organización estamos moi contentos de ver como, pouco a pouco, cada ano o trail medra un pouquiño máis. Somos conscientes de que temos cousas que aprender e mellorar, pero vendo o resultado sabemos que imos polo bo camiño.
Tamén che pode gustar
Campamento de Verán: Inscríbete!
Até o 3 de xuño prioridade para as persoas que sexan comuneiras. Táboa de prezos no Artigo Comparte este/a entrada Compártelo Publica esto
Concurso Fotografía
Bases Concurso Formulario Inscrición Comparte este/a entrada Compártelo Publica esto