Saltar ao contido
Inicio » Blog » Eventos » 🌰🎶 MAGOSTO DAS PEDRIÑAS 🎶🌰

🌰🎶 MAGOSTO DAS PEDRIÑAS 🎶🌰

Magosto 2025

📅 Sábado 8 de novembro 🕕 A partir das 18:00

Unha xornada chea de castañas, animación e música para todas!

👧🧒 Para o público miúdo: CABICIVAI
Un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns con sorpresas infinitas!

🎵 Durante a castañada: Os Punkis da Tellada Gaiteiros de Liméns, coñecidos como Os Ramones do folc.

💃 Na Sala Rebullón: De aquí, da casa… Os Mangacarballos Sen dúbida nigunha, o mellor cuarteto tradicional da bisbarra. O futuro é deles.

🌍 Dende Portugal: UXU KALHUS
25 anos de traxectoria reinterpretando a música tradicional portuguesa cunha enerxía brutal. Todo un privilexio poder contar con esta banda na nosa programación. Seguro que ides flipar.

🎧 Peche da noite: Duendeneta DJ’s, Kris K DJ e Carlos Crespo farannos bailar ata que o corpo diga basta!