Saltar ao contido
Inicio » Blog » Descalificación de “A cidade deportiva do Celta de Vigo” da Bienal Española de Arquitectura

Descalificación de “A cidade deportiva do Celta de Vigo” da Bienal Española de Arquitectura

A Comunidade de Montes de Tameiga, da que son socias comuneiras máis de 350 familias da parroquia de Tameiga en Mos, solicita ao Comisiarado de la XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU) a descalificación de “A cidade deportiva do Celta de Vigo” como finalista na Bienal Española de Arquitectura.

Esta edificación, actualmente aínda en fase de construción, foi denunciada pola nosa comunidade ante a xustiza, xa que entendemos que podería ser constitutivas dun ou varios delitos de prevaricación administrativa en base ás consideracións que se expoñen a continuación.

As obras autorizáronse en terreos rústicos de protección forestal os cales, antes do inicio das obras, atopábanse nun estadio moi próximo ao natural, é dicir, con boa cobertura arbórea e sen practicamente intervención humana en canto a obras, instalacións e/ou camiños. O art. 35 da Lei do Solo de Galicia establece os usos autorizables en chan rústico de protección ordinaria e, como reza o art. 51 do Regulamento da Lei do Solo, nos terreos clasificados como rústicos de especial protección, só pódense realizar os usos do indicado art. 35, a condición de que sexan compatibles co réxime de especial protección.

O artigo esixe a solicitude de autorización ou informe favorable do órgano sectorial con carácter previo á autorización autonómica, se esta fose preceptiva. Estamos por tanto, #ante a autorización dun uso que debe de realizarse mediante a aprobación dun plan especial de Infraestruturas, algo que non sucedeu porque o plan foi denegado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Ademais supón a destrución sen remedio da propia esencia do chan rústico en que se realiza, cal é a da protección forestal.

A protección forestal é incompatible coa realización dunha infraestrutura tan grande. Ademais, o art. 37 da Lei do Solo prohibe a apertura de camiños, o cal non só se fai co proxecto aprobado, senón que ademais faise un aparcamento de 5.500 m2 para un número indeterminado de vehículo xunto coa apertura un “carreiro de mantemento” de 3.400 m2 segundo a propia memoria. Por todo iso consideramos que os feitos relatados, sen prexuízo de mellor cualificación xurídica, poderían ser constitutivos de delitos contra a ordenación do territorio (arts. 319 e 320 do Código penal) e de prevaricación administrativa.

Sinalar que ademas da querela interposta pola nosa asociación, a fiscalía abriu dilixencias contra a xunta de goberno local e o presidente do Celta polos mesmos supostos delitos de prevaricación. Cremos que ses un desprestixio para un galardón tan importante que se inclúa entre os proxectos finalistas a cidade deportiva do celta sobre a que como mínimoplanea a sombra da corrupción e despropósito ambiental.

Entendemos que a Bienal debería dar exemplo para que a arquitectura sexa sostible e contribúa á transición ecolóxica.