Saltar ao contido
Inicio » Blog » Xa viñeron os Reis Magos.

Xa viñeron os Reis Magos.

Grazas!
Grazas á contacontos Ana Carreira por encher de risas o comezo da festa. Grazas a Alex Sobrino por ensinarnos a construir os nosos propios brinquedos. Grazas aos Reis Magos de Oriente por comezar a traballar xa o día 4 despois de tan longa viaxe pero sobre todo, grazas, moitas grazas a todas as nenas e nenos (e non tan nen@s) que nos acompañaron facéndonos sentir que a maxia e a ilusión segue viva no noso interior, sen importar o credo nin a idade. Grazas.