Saltar ao contido
Inicio » Blog » Xa veñen os Reis Magos!

Xa veñen os Reis Magos!

O mércores 4 de xaneiro, virán visitarnos os Reis Magos de Oriente. Teremos que ter feitas as nosas cartas (sempre e cando nos portaramos ben durante todo o ano) para que as poidan ler con tempo e así, na mañá do 6 de xaneiro, recoller eses presentes que deixarán ao lado dos nosos zapatos.

Mentres agardamos a súa chegada teremos o prazer de escoitar á contadora Ana Carreira, que ben seguro fará unha sesión de contacontos para non esquecer.

Aínda que os Reis virán cargados de agasallos, non hai como saber facelos coas nosas mans. Para isto contaremos cun obradoiro de xoguetes de refugallo, que sempre poderemos agasallar tamén nestas datas de maxia e cor.

Estamos moi nervosas e nervosos, porque levamos un ano a agardar este momento.

Que pouquiño falta, comeza a conta atrás.