Saltar ao contido
Inicio » Blog » Concurso Fotografía

Concurso Fotografía

II CERTAME DE FOTOGRAFÍA
COMUNIDADE DE MONTES DE TAMEIGA 2024

PARTICIPANTES
 
Poderá participar calqueira persoa maior de 10 anos, e o certame distribuirase en dúas categorías
 
Categorías:
Maiores de 16 anos (nados antes do ano 2008)
Entre 10 e 16 anos (nados entre 2008 e 2012)
 
MODALIDADE
 
Só se admitirán impresións en papel fotográfico.
 
LOCALIZACIÓN

As fotos faranse desde a Parroquia de Tameiga, indicando a localización ou describindo a ubicación desde onde se sacou a foto

TEMA
 
O Monte de Tameiga como fornecedor de recursos, como actividade económica e como pervivencia do medio ambiente, da auga, da paisaxe, das festas e actos culturais (cor e/ou branco e negro)

OBRAS
 
Poderanse presentar un máximo de 4 fotografías por participante.
 
Non se aceptarán fotos publicadas nas redes sociais ou que xa se presentaran noutros concursos.

Deberá estar feita dentro da parroquia de Tameiga
 
FORMATO
 
Non se permitiran correccións con software de fotografía, nin marcas de auga, nin montaxes
 
O tamaño das imaxes é libre, debendo montarse nun soporte de passepartout 40×50 cm cun espesor máximo de 3 mm.
 
Ao mesmo tempo, os participantes deberán enviar unha copia dixital da fotografía, ou fotografías (que se identificará co título do traballo) ao correo electrónico concursofotografiatameiga@gmail.com para a posterior edición do catálogo do concurso. Recomendamos o espazo de cor sexa sRGB. Ningún archivo pode superar os 10 MB.
 
Unha vez rematado o catálogo, todos os ficheiros enviados serán destruídos.

IDENTIFICACIÓN

Deberá poñer a localización da foto
 
No dorso de cada obra figurará o título de cada fotografía e a identificación do autor/a.
 
Xunto coas fotos, o formulario de inscrición debe vir cuberto correctamente.
 
Tamén se pode cubrir o formulario de inscrición e enviar por correo electrónico a concursofotografiatameiga@gmail.com xunto cos arquivos dixitais.
 
ENTREGA DAS FOTOGRAFÍAS
 
Entregaránse na Oficina da Comunidade de Montes, en horario de 9:30-14 horas e 16:30-20 horas.
 
XURADO
 
Exercerá como xurado a Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga
 
PREMIOS
 
Categoria maiores de 16 anos (nados antes de 2008):
Primeiro premio en metálico de 150 euros.
Segundo premio en metálico de 100 euros.
Terceiro premio en metálico de 50 euros.
 
Categoria entre 10 e 16 anos (nados entre 2008-2014):
Primeiro premio: cámara de fotos Instantanea
Segundo premio: cámara de fotos dixital compacta
Terceiro premio: auriculares bluetooth
 
CALENDARIO
 
Admisión de obras:
 
A data tope de entrega de fotografías será o 30 de setembro de 2024 ás 20 horas
 
O fallo farase público na web da Comunidade de Montes de Tameiga e nos perfís das redes sociais do Centro Cultural as Pedriñas
 
Entrega de premios e exposición:
 
A entrega de premios será o 11 de novembro de 2024 na celebración do Magosto.
 
CATÁLOGO WEB
 
Publicarase un catálogo de fotografías, que se enviará a todos os participantes, no que se reproducirán todas as obras premiadas e unha ampla colección das obras seleccionadas, na que irá o nome do seu autor ou autora.
 
EXPOSICIÓN
 
Unha selección dos traballos presentados exporase no Centro Cultural A Pedriñas
 
DEVOLUCIÓN DE OBRAS

 
Os traballos non premiados serán devoltos por conta da organización, durante o mes seguinte á data de peche da exposición.
 
OBSERVACIÓNS

 
O feito de asistir a este concurso supón a total aceptación das presentes bases.
 
Calquera incidencia sufrida, non reflectida nelas, será resolta pola organización.
 
Todos os traballos premiados quedarán en propiedade da organización, reservándose o dereito da súa publicación ou exposición non comercial, citando en todo caso o nome do/a autor/a.
 
As persoas que participen son responsables do cumprimento das disposicións relativas á propiedade intelectual e dereitos de imaxe sobre as fotografías presentadas, declarando que a difusión e/ou reprodución no marco do concurso e destas bases non danan a terceiros e asumindo persoalmente calquera responsabilidade que poida derivarse deles.
 
A organización porá o máximo coidado na conservación das obras, declinando calquera responsabilidade en caso de deterioración ou perda dos mesmos por causas alleas á súa vontade.