Saltar ao contido

LIBRO “TAMEIGA: O AGROMAR DA MEMORIA”

Portadatameigaagromarmemoria

“O agromar da memoria”, recupera un século de memoria e identidade, é o resultado de ano e medio de traballo, de 60 horas de conversas e recollida de documentación, para rescatar do esquecemento as tradicións, toponimia, saberes e anécdotas acontecidas en Tameiga no último século.

Ano e medio de traballo en reunións semanais, entrevistas e recollida de materiais, nunha publicación que preserva cen anos de identidade como pobo, de legado oral, a partir das voces, recordos e documentación de numerosas persoas –maioritariamente de idade avanzada– da parroquia. 

Os temas incluídos nesta publicación versan sobre a toponimia tradicional, a escola, as festas, o monte e a igrexa, infraestruturas coma o aeroporto ou o tranvía, ademais doutros como a emigración, a industrialización, a guerra. 

Este libro é a guinda dun proxecto comunitario que xa logrou recuperar tradicións. É o caso dos “Cantos de Reis”, unha tradición de Nadal esquecida que regresou hai dous anos ás casas da parroquia a partir das conversas programadas para a creación colectiva deste libro. Con esa semente, todo o equipo do proxecto púxose mans á obra para recuperalos, escribir música e letra que permitira rescatar unha tradición que se cría perdida. E conseguiuse. 

Descargao aquí