Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Tuia xigante

Tuia xigante

    Especie
    Thuja plicata Donn ex D. Don
    Tipo de folla
    Árbore perennifolia
    Familia
    Cupressaceae
    Orixe
    Costa occidental de América do Norte, desde o noroeste de California ata o sueste de Alaska
    Follas
    Escamiformes, dispostas en catro filas, de cor verde escura brillante; teñen manchas esbrancuxadas na cara inferior e cando se esmagan desprenden un aroma a resina
    Tamaño
    A copa adquire unha forma cónica e rematada en punta; árbore de grandes dimensións que no seu lugar de orixe pode acadar os 70 m de altura
    Froito
    Conos de pequeno tamaño, alongados e erectos, formados por 6 a 12 escamas imbricadas, fértiles, planas e terminadas nunha pequena punta. Cada escama contén na súa axila dúas sementes aladas
    Utilidades
    Especie de interese forestal e ornamental. A súa madeira é excelente, moi aromática e duradeira, trabállase con facilidade e resiste ben a intemperie. En Europa emprégase como planta ornamental con moita frecuencia, ben como pé illado ou en formacións de cortaventos ou de sebes. Admiten moi ben a poda. É moi frecuente o uso do cultivar ‘Zebrina’, que se chama así polas súas poliñas variegadas de amarelo. É unha planta moi lonxeva e de rápido crecemento nos primeiros anos.
    Necesidades
    Crece facilmente tanto a pleno sol coma en sombra parcial. A exposición a ventos fríos e fortes pode ser prexudicial para as plantas novas. Crece na maioría de tipos de solo, pero prefire os húmidos e fértiles
    Outros datos
    Ao principio a súa casca é lisa e brillante, logo tórnase fibrosa, pardo avermellada ou agrisada, con longas gretas lonxitudinais. As ramas novas son algo colgantes
    Others