Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Suga de Canadá

Suga de Canadá

    Especie
    Tsuga canadensis (L.) Carrière
    Tipo de folla
    Árbore perennifolia
    Familia
    Pinaceae
    Orixe
    Parte oriental de América do Norte, leste do Canadá e dos Estados Unidos
    Follas
    Aciculares, aplanadas, pecioladas co bordo finamente denticulado e co ápice redondeado. Son de cor verde na parte superior e presentan dúas bandas brancas no envés
    Tamaño
    A súa copa é cónica; pode acadar os 30 m de altura
    Froito
    Conos de pequeno tamaño, ovoides, colgantes, con escamas ovadas e con forma de cuña
    Utilidades
    A súa madeira branda pero sólida emprégase para as estruturas das casas, o revestimento de embarcacións e a pasta de papel. En Galicia só se usa con fins ornamentais
    Necesidades
    Require climas húmidos con influencia fría. Tolera ben o sol en climas frescos, preferentemente espazos a media sombra, pero non resiste a seca prolongada, especialmente cando as plantas son novas. O solo debe ser húmido, pero con boa drenaxe, xa que non soporta os encharcamentos
    Outros datos
    A súa casca é de cor parda ou marrón-avermellada, escamosa e gretada, moi rica en taninos. As poliñas son amarelas ou marróns, densamente pubescentes
    Others