Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Piñeiro de Calabria

Piñeiro de Calabria

    Especie
    Pinus brutia Ten.
    Tipo de folla
    Árbore perennifolia
    Familia
    Pinaceae
    Orixe
    Rexión mediterránea
    Follas
    Aciculares, dispostas en grupos de dous, de 10 a 16 cm de lonxitude e de 1 a 1,5 mm de grosor, de cor verde clara
    Tamaño
    Pode acadar entre os 25 e os 30 m de altura
    Froito
    Piñas, de forma ovado-cónicas, erectas, sen pedúnculo visible, de 6 a 12 cm de lonxitude; dispostas en grupos que permanecen varios anos na árbore
    Utilidades
    A súa madeira aprovéitase na industria da carpintería para producir polpa, papel e leña nalgúns países do Mediterráneo oriental. Os seus piñóns poden usarse en repostería. Emprégase en repoboacións forestais. Entre 1930 e 1970 a especie foi amplamente plantada en zonas costeiras do Mediterráneo para protexer o solo e como cortaventos
    Necesidades
    Especie de rápido crecemento, resistente; crece ben en diversos tipos de solos, ata os salinos, e na maioría dos bioclimas da rexión mediterránea. Tolera a seca. Recoméndase cultivala a pleno sol
    Outros datos
    A súa cortiza é escamenta e gretada, de cor gris prata que se volve avermellada cos anos
    Others