Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Liquidámbar

Liquidámbar

    Especie
    Liquidambar styraciflua L.
    Tipo de folla
    Árbore caducifolia
    Familia
    Altingiaceae
    Orixe
    Sueste dos Estados Unidos e México
    Floración
    Floración primaveral. De pequeno tamaño. Distínguense flores femininas e masculinas; as primeiras son globosas e alongadas, parecidas a un péndulo, mentres que as masculinas son máis redondeadas e están agrupadas en acios terminais. Non son vistosas, polo que carecen de uso ornamental
    Follas
    Caducas, simples, pecioladas; dispostas unha en cada nó de forma alterna ao longo das ramas. Limbo grande, palmeado-lobulado, con 5 lóbulos profundos, marxe dentada
    Tamaño
    Copa piramidal; pode acadar os 30 m de altura
    Froito
    Capsular, duns 2,5 cm de diámetro, globoso, con algúns pinchos, dehiscente, formado por numerosas cápsulas individuais, cada unha con dúas sementes
    Utilidades
    Da resina que teñen as súas follas e do tronco extráese o ámbar líquido (bálsamo do Perú). Aínda que fóra da súa rexión de orixe só se emprega como árbore ornamental, a súa madeira é de boa calidade, e pode usarse para fabricar mobles, en ebanistería, tonelería, embalaxes ou incluso na fabricación de pasta de papel. Como árbore ornamental destaca pola súa vistosa cor outonal, época na que presenta follas vermellas, púrpuras ou amarelas dependendo da variedade; tamén sobresae polos seus froitos, que fican todo o inverno na árbore. As follas esmagadas recenden a limón
    Necesidades
    Non tolera os climas secos. Prefire solos ácidos e húmidos, pero ben drenados. Non se recomenda a súa colocación en solos pouco profundos ou en espazos reducidos
    Outros datos
    A súa casca está moi gretada e as pólas polo xeral presentan bandas de engrosamentos suberosos na cortiza
    Others