Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Fento arbóreo

Fento arbóreo

    Especie
    Sphaeropteris cooperi (F. Muell.) R. M. Tryon
    Tipo de folla
    Fento arbóreo
    Familia
    Cyatheaceae
    Orixe
    Australia; crece en zonas tropicais e subtropicais, aínda que tamén pode ser cultivado en zonas tépedas cando o clima non acada valores extremos, como ocorre en Galicia
    Floración
    Reprodución por esporas. Non produce flores nin sementes, a reprodución desta planta ten lugar a partir de esporas
    Follas
    Frondes bipinnadas, de 2 a 3 m de longo, de cor verde clara
    Tamaño
    O seu crecemento é rápido, xa que supera o metro de estípite; un exemplar adulto pode acadar os 15 m de altura en 8 ou 10 anos
    Froito
    A súa reprodución posúe caracteres moi primitivos. No envés das frondes fórmanse os soros, agrupación de esporanxios que conteñen as esporas
    Utilidades
    De gran valor ornamental. Esta é probablemente a segunda especie de fentos arbóreos máis cultivada despois de Dicksonia antarctica. Pertence ao grupo dos pteridófitos, que é o precursor das plantas con flores. Nel apareceu por primeira vez un sistema vascular que permitiu o desenvolvemento de plantas erguidas e a condución de auga e substancias nutritivas. Este sistema vascular primitivo componse de traqueidas
    Necesidades
    Require climas húmidos de temperaturas suaves; aínda que soporta o frío, non resiste ben a xeadas continuadas. Recoméndase o seu cultivo en semisombra, aínda que tolera a exposición a pleno sol. Crece ben en solos ácidos e ben drenados. Debe plantarse en zonas non expostas ao vento
    Outros datos
    Ten un único estípite de porte erecto e delgado cuberto de escamas brancas e grises e rematado por un penacho de frondes, que lle confiren un aspecto similar ao das palmeiras
    Others