Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Cotoneaster horizontal

Cotoneaster horizontal

    Especie
    Cotoneaster horizontalis Decne.
    Tipo de folla
    Arbusto caducifolio
    Familia
    Rosaceae
    Orixe
    Montañas do oeste da China
    Floración
    Floración primaveral. Pequena, de cor carne
    Follas
    Ovais, de 6 a 12 mm, alternas, en disposición dística, mucronadas no ápice, de cor verde brillante pola parte superior e lixeiramente tomentosas e de cor esbrancuxado polo envés
    Tamaño
    Arbusto semipostrado con ramalletes horizontais aplanados de pólas que se van superpoñendo en estratos ríxidos ata de 1 m de alto e 2,5 m de ancho. As pólas están dispostas en forma de espiña de pescado
    Froito
    De cor vermella escura vistosa
    Utilidades
    Emprégase para formar rocallas, noiros e plantacións de base e, incluso, sebes. Popular en rexións frescas, onde a súa bonita follaxe adopta tons outonais bronceados, alaranxados e avermellados. É tamén un arbusto moi decorativo debido aos seus froitos de cor vermella, que persisten durante longo tempo
    Necesidades
    Danse mellor a pleno sol en solos con boa drenaxe e medianamente fértiles. Non soportan a sombra intensa nin os lugares moi húmidos. Moi resistentes ao frío, xa que soportan ata temperaturas de –15 ºC. Pódanse no inverno
    Others