Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Ciprés de Lawson

Ciprés de Lawson

    Especie
    Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray bis) Parl.
    Tipo de folla
    Árbore perenne
    Familia
    Cupressaceae
    Orixe
    Noroeste dos Estados Unidos, onde forma bosques espesos nas montañas de Oregón e no norte de California
    Follas
    Con forma de escamas, dispostas en catro fileiras de cor verde clara ou verde azulada, coa cara inferior lixeiramente esbrancuxada. Presentan unha glándula resinosa no dorso que se pode apreciar a contraluz
    Tamaño
    É unha árbore de grande envergadura; pode acadar os 60 m de altura e a súa copa é cónica coa guía terminal inclinada
    Froito
    Cono globoso, de pequeno tamaño, cun diámetro de 0,7 a 1 cm. As súas sementes son aladas
    Utilidades
    A súa madeira é lixeira, aromática e duradeira. É unha especie moi empregada en repoboacións forestais debido a que crece rapidamente. Nos nosos parques e xardíns dispóñense como exemplares illados ou ben formando aliñacións cortaventos. É unha especie de gran valor ornamental da que se obtiveron máis de 200 cultivares (‘Pendula’, ‘Fraseri’, ‘Ellwoodii’…). A especie descubriuse en 1824 e introduciuse en España a finais do século XIX. Son árbores moi lonxevas
    Necesidades
    Requiren climas húmidos, aínda que non se desenvolven ben en zonas costeiras. Non resisten ben a seca. O seu crecemento é bastante rápido e prefiren as zonas de sombra para medrar
    Outros datos
    A súa casca presenta gretas lonxitudinais, profundas e irregulares
    Others