Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Cinamomo, melia

Cinamomo, melia

    Especie
    Melia azedarach L.
    Tipo de folla
    Árbore caducifolia
    Familia
    Meliaceae
    Orixe
    Zonas boscosas do norte da India e da China. Algúns autores sitúan a súa orixe no Himalaia
    Floración
    Floración de abril a maio. Fragrantes, pequenas, de cor lila-azulada, dispostas en grupos axilares máis curtos que as follas
    Follas
    Compostas, con folíolos grandes, irregularmente dentados, opostas e caedizas
    Tamaño
    Copa frondosa de porte aparasolado e tronco xeralmente curto; pode acadar os 15 m de altura
    Froito
    Globoso, de cor crema ou alaranxada cando madura; dispostos en grupos colgantes numerosos e moi característicos que permanecen na árbore unha vez se desprenden as follas
    Utilidades
    A súa madeira, semellante á caoba, é de boa calidade e utilízase en ebanistería e na construción. Amplamente utilizado para reforestacións na China, na India, en América Central e en América do Sur. Os seus froitos posúen propiedades medicinais e insecticidas, pero son moi tóxicos e, consumidos en certa cantidade, poden producir a morte. En moitos lugares é unha especie invasora
    Necesidades
    Soporta ben a seca estival, as xeadas, a poda severa e a contaminación. Ademais, é unha especie de rápido crecemento
    Outros datos
    A súa cortiza é agrisada escura e lisa, e vaise gretando coa idade
    Others