Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Chopo negro, álamo negro

Chopo negro, álamo negro

    Especie
    Populus nigra L.
    Tipo de folla
    Árbore caducifolia
    Familia
    Salicaceae
    Orixe
    Europa, Asia suroccidental e norte de África. Na península ibérica probablemente non é autóctona, senón naturalizada a partir de antigos cultivos
    Floración
    Floración de marzo a abril. Especie monoica, flores unisexuais. Amentos masculinos longos (de 4 a 9 cm), avermellados, con flores de 6 a 25 estames; os femininos de 7a 15 cm de lonxitude, verdosos, con flores de 2 estigmas
    Follas
    Forma máis ou menos romboidal, verdes e lampos polas dúas caras, coa marxe translúcida e dentada
    Tamaño
    Porte erguido; pode acadar os 30 m de altura
    Froito
    Cápsula elíptica, obtusa, pedicelada, parda e lampiña con dúas valvas
    Utilidades
    O cultivar ‘Italica’ é o de maior interese ornamental polo seu porte entre columnar e piramidal. A madeira é branda, lixeira, empregada en carpintería para fabricar embalaxes e pasta de celulosa. Ao igual que o resto das especies do xénero Populus, é unha das principais árbores causantes de alerxias ao pole. O seu uso en espazos públicos está en regresión debido aos problemas de estabilidade que presenta cando supera entre os 20 e os 25 anos. Crece moi rápido
    Necesidades
    Crece ben en todo tipo de solos, e mesmo soporta certa salinidade; tamén tolera ben a seca
    Outros datos
    A súa casca é agrisada esbrancuxada lisa ao principio e gretada lonxitudinalmente despois
    Others