Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Carballo

Carballo

    Especie
    Quercus robur L.
    Tipo de folla
    Árbore caducifolia
    Familia
    Fagaceae
    Orixe
    Centro, oeste e norte de Europa, ata Os Balcáns, os montes Urais e O Cáucaso. Atópanse en vales e montañas litorais, en zonas cun período seco moi curto e cun clima húmido e oceánico, desde o nivel do mar ata os 1.000 m de altitude
    Floración
    Floración de marzo a maio. Especie monoica, con flores unisexuais. Amentos masculinos illados de 5 a 13 cm de lonxitude; flores femininas en grupos de 2 a 3 sobre un longo pedúnculo
    Follas
    Caducas, lobuladas, glabras, máis claras polo envés; de 5 a 18 cm de lonxitude e de 3 a 10 cm de ancho
    Tamaño
    Pode acadar os 45 m
    Froito
    Denominado landra, dispón dun pedúnculo longo e dunha cúpula de escamas imbricadas. Son froitos de 2 a 4 cm de lonxitude e de 8 a 18 mm de ancho; maduran ao final do verán e caen a principios do outono
    Utilidades
    A súa madeira é de moi boa calidade e de difícil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi e é usada para a construción naval, en ebanistería, na fabricación de mobles, en tornería, na talla de esculturas ou en tonelería. Hai exemplares de grandes dimensións distribuídos por toda Galicia, algúns deles incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras. É unha especie moi lonxeva que pode acadar os 500 anos de idade. Tamén se usa con fins ornamentais. As súas landras forman parte da alimentación de moitos animais
    Necesidades
    Require climas húmidos con influencia fría, precipitacións anuais de entre 900 a 1.350 mm e preferentemente exposición ao sol. Crece en solos profundos, neutros, con humidade e ricos en materia orgánica. Resiste xeadas e ventos fortes, a proximidade ao mar e tamén a contaminación urbana, pero non tolera a industrial
    Outros datos
    A súa cortiza é agrisada, bastante lisa, que remata por gretar e escurecer coa idade
    Others