Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Carballo americano

Carballo americano

    Especie
    Quercus rubra L.
    Tipo de folla
    Árbore perenne
    Familia
    Fagaceae
    Orixe
    Leste de América do Norte, desde O Quebec (no Canadá) ata Luisiana (nos Estados Unidos)
    Floración
    Floración primaveral e outonal. As masculinas están dispostas en amentos colgantes nas pólas dun ano; as femininas atópanse nas axilas das follas, están agrupadas en pares, son pequenas (2 mm), ovoides, de cor vermella e con pedúnculo
    Follas
    Caducas, elípticas, profundamente lobuladas, cos lóbulos agudos e a base atenuada e coas axilas dos nervios pubescentes; coloréanse antes de caer no outono
    Tamaño
    Pode acadar os 35 m de altura. Copa ampla, con forma de cúpula, coas pólas ascendentes
    Froito
    Son landras de cor vermella-marrón duns 2 cm de longo, cunha cúpula moi ampla e plana con escamas. Permanecen na árbore durante dous anos para chegar á madurez
    Utilidades
    Moi usado como especie ornamental debido ao seu bo porte e á súa fermosa coloración outonal, época na que as follas, antes de caer, adquiren tons amarelos, laranxas, vermellos, purpúreos e morados. Como con frecuencia presenta flores vermellas, coñéceselle como carballo vermello. A súa madeira é dura, pesada, de cor vermella clara, e úsase para mobiliario, tonelería, construción e acabados no interior de casas
    Necesidades
    Vive en climas húmidos con veráns suaves e invernos fríos, xa que soporta temperaturas mínimas moi baixas, xélidas, de ata uns –25 ºC, pero non tolera temperaturas de máis de 30 ºC. Crece en chans lixeiramente ácidos e húmidos con boa drenaxe
    Outros datos
    A súa cortiza é lisa e fisurada, de cor castaña agrisada. Comezan a ter unha alta produción de semente viable entre os 25 e os 30 anos
    Others