- Especie
- Camellia sasanqua
- Tipo de folla
- Arbusto de folla perenne
- Familia
- Theaceae
- Orixe
- Asia Oriental, especialmente Xapón
- Floración
- Floración en outono. Perfumada, xeralmente terminal e solitaria, de tamaño mediano, simple, dobre ou semidobre, e nalgúns casos en forma de anémona ou peonía. A súa cor varía dende o branco ata o rosa máis ou menos intenso e, nalgúns casos, o vermello. Florece no outono e principios do inverno, con abundantes flores
- Follas
- Elípticas, con pecíolo curto, de 3 a 5 cm de lonxitude, coriáceas e con marxe dentada.
- Tamaño
- Arbusto moi ramificado ou árbore pequena que pode acadar os 6 m de altura
- Froito
- Cápsula seca de un a tres compartimentos, cunha semente negra brillante por cavidade
- Utilidades
- Especie cultivada no sueste asiático durante séculos como ornamental e para obter aceite das súas sementes, moi utilizada en alimentación e cosmética.
- Necesidades
- Especie propia de climas temperados e húmidos, con abundantes precipitacións. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non precisa de poda anual, responde moi ben a ela, sendo necesario cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou darlle certa forma. É axeitado para a formación de sebes, tanto formais como informais, e mesmo para topiarios.
- Outros datos
- Son moi apreciadas polo seu cheiro e floración outoñal, e pola súa maior resistencia a condicións extremas que C. japonica
- Others
Galería
