Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Camelia reticulata

Camelia reticulata

    Especie
    Camellia reticulata
    Tipo de folla
    Arbusto de folla perenne
    Orixe
    Especie orixinaria de China, concretamente da provincia de Yunnan.
    Floración
    Floración en inverno e primavera. As flores son terminais e axilares, solitarias, de tamaño variable entre 6 e 10,5 cm de diámetro, xeralmente semidobres ou peonías. Aínda que existen algunhas variedades con flores brancas ou rosa claro, a maioría son de cor rosa intenso e brillante.
    Follas
    Pecioladas, elípticas, grosas, cara superior verde escuro apagado, nervios e veas moi marcados e marxe profundamente dentado. O tamaño oscila entre 5 e 11 cm de longo, pero varía duns cultivares a outros.
    Tamaño
    Arbusto ou pequena árbore que pode acadar os 15 m de altura no seu hábitat natural.
    Froito
    É unha cápsula aplanada e globosa duns 3,5 cm, con escamas e superficie rugosa, de 3 a 5 lóculos, cun pericarpo moi groso.
    Utilidades
    É unha das especies de Camelia máis cultivadas para o seu uso como planta ornamental. É moi apreciado polo gran tamaño das súas flores e polas súas rechamantes cores. En Yunnan (China), a súa zona de orixe, os exemplares antigos medran salvaxes, moitos deles centenarios, algúns chegando a máis de 300 anos. Pode crecer desde o nivel do mar ata os 2.800 m de altitude.
    Necesidades
    É propio de climas temperados e húmidos, con abundantes precipitacións. Medra mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Non precisa dunha poda anual, aínda que lle responde moi ben, e é necesario cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva, ou darlle certa forma.
    Outros datos
    A maioría dos cultivares desta especie que crecen distribuídos por todo o mundo e que se comercializan na actualidade, son en realidade híbridos de C. reticulata con outras especies, na súa maioría con C. pitardii var. yunnanica e con C. japonica.
    Others