Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Camelia híbrida williamsii

Camelia híbrida williamsii

    Especie
    Camellia x williamsii
    Familia
    Theaceae
    Orixe
    Os primeiros híbridos deste grupo obtivéronse no castelo de Caerhays, en Cornualles (Inglaterra), en 1923, ao cruzar as especies C. japonica e C. saluenensis.
    Floración
    De tamaño mediano a grande, moi vistosa, xeralmente rosada con certo matiz lavanda. Adoita florecer durante o inverno e a primavera, con abundantes flores
    Follas
    Elípticas, de 5 a 8 cm de lonxitude, moi coriáceas, con bordos aserrados
    Tamaño
    Arbusto ramificado ou árbore pequena que pode superar os 6 m de altura
    Froito
    Cápsula seca de un a tres compartimentos e unha ou máis sementes en cada un deles; non se forma en todos os cultivares
    Utilidades
    Son moi apreciadas para o deseño de xardíns pola súa rechamante e abundante floración
    Necesidades
    É típico de climas temperados e húmidos, con choivas intensas. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Moi resistente a condicións extremas. Aínda que non precisa de poda anual, responde moi ben a ela, sendo necesario cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou darlle certa forma. É axeitado para a formación de sebes, tanto formais como informais é común que as puntas das follas sequen con facilidade tanto polo sol coma pola exposición a correntes de vento seco; por iso, o mellor lugar de plantación é unha zona fresca de semisombra con moita claridade. Soporta ben as xeadas ata –10 ºC, xa que necesita pasar un período de frío para que brote correctamente. As súas raíces non soportan a seca e necesitan humidade regular e permanente. Recoméndase fertilizala en primavera
    Outros datos
    O seu nome débese a John Charles Williams, o primeiro criador que conseguiu obter plantas cruzando C. japonica e C. saluenensis. Todas as plantas resultantes destes cruzamentos presentan características semellantes en canto á folla e ao tamaño da planta (moi semellante a C. saluenensis), e unha floración moi abundante, con flores de tonalidade similar, ademais de resistir mellor o frío. que outras.especies de camelia
    Others