Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Árbore dos amorodos

Árbore dos amorodos

    Especie
    Cornus capitata Wall
    Tipo de folla
    Árbore perenne
    Familia
    Cornaceae
    Orixe
    Leste de Asia, dende O Himalaia ata A China
    Floración
    Floración de abril a maio Especie monoica, flores hermafroditas. Os pétalos (de 4 a 6) que conforman as flores son, en realidade, brácteas de cor branca, amarela xofre ou rosada
    Follas
    Opostas, coriáceas, de estreitas a amplamente elípticas, cuneiformes en ambos os extremos. Limbo de cor verde brillante e cuberto en ambas as caras de densa pilosidade
    Tamaño
    Ás veces con porte arbustivo; pode acadar entre 8 e 10 m de altura
    Froito
    Semella un amorodo, pola forma e pola cor vermella; a polpa de cor amarela-alaranxada é comestible, pero de pouca calidade. Contén numerosas sementes e madura en outono
    Utilidades
    Especie de interese ornamental polas súas flores e polos seus froitos. Adoitan empregarse como exemplares illados ou en pequenos grupos cun porte arbustivo. Tamén se lle chama vulgarmente árbore dos amorodos
    Necesidades
    Desenvólvense ben en exposicións de semisombra ou de pleno sol en climas tépedos. Resisten ben as xeadas. Precisan solos ben drenados e ricos en materia orgánica para que reteñan a humidade; non soporta ben a seca
    Others