Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Árbore da seda

Árbore da seda

    Especie
    Albizia julibrissin Durazz
    Tipo de folla
    Árbore caducifolia
    Familia
    Leguminosae
    Orixe
    Asia, desde Irán ata a China e o Xapón
    Floración
    Floración longa, de xuño a setembro. Agrúpanse en inflorescencias máis ou menos globosas, carecen de pétalos e destacan polos seus estames longos e abundantes de cor rosa, que lle dan un aspecto plumoso ou sedoso
    Follas
    Caducas, compostas, varias veces pinnadas, con numerosos folíolos asimétricos
    Tamaño
    O seu porte é aparasolado, é o dobre de ancha que de alta, coas pólas dispostas horizontalmente; pode acadar entre os 12 e os 14 m de altura
    Froito
    Vaíñas alongadas e moi comprimidas ou aplanadas, de ata 20 cm de lonxitude. Maduran en outono e mantéñense durante moito tempo na árbore
    Utilidades
    Emprégase como planta ornamental e destaca pola súa floración abundante e vistosa e o seu porte aparasolado. A súa madeira é de pouca calidade. Tamén se usa como árbore de sombra. Introduciuse en Europa no século XVIII polo naturalista Filippo degli Albizzi
    Necesidades
    Require climas tépedos, aínda que soporta xeadas medias non continuadas. A altitude idónea é entre 100 e 1000 m sobre o nivel do mar. Non resiste ben os ventos. Pode plantarse a pleno sol ou en semisombra. Admite a poda, pero só é necesaria para controlar a forma da copa. Soporta a contaminación urbana, pero non a industrial
    Outros datos
    A súa casca é lisa, de cor agrisada. Non é unha especie lonxeva, xa que vive ao redor de 25 anos
    Others