Saltar ao contido
Inicio » Plantas » Alcanforeira

Alcanforeira

    Especie
    Cinnamomum camphora (L.) J. Presl
    Tipo de folla
    Árbore perennifolia
    Familia
    Lauraceae
    Orixe
    A China, O Xapón, Taiwán e Malaisia
    Floración
    Floración primaveral. Especie monoica, flores bisexuais. Inflorescencias axilares, paniculadas, lampiñas, máis curtas que as follas. As flores son bisexuais con perianto de 6 pezas e 9 estames
    Follas
    Persistentes, con disposición xeralmente alterna, subcoriáceas, ovado-elípticas, de 6 a 12,5 cm de diámetro, con marxe enteira e algo engrosada, ás veces ondulada. De cor verde brillante pola face e, en ocasións, de cor glauca ou prateada polo envés; as máis novas presentan unha tonalidade rosada
    Tamaño
    A súa copa é redondeada; pode superar os 30 m de altura
    Froito
    Globoso, de cor denegrida e de 7 a 8 mm de diámetro
    Utilidades
    Especie de interese ornamental polo seu porte compacto e sempre verde, aínda que realmente é máis coñecida porque dela se extrae alcanfor, aceite esencial que contén en todos os seus tecidos, pese a que na súa madeira é onde se atopa a maior concentración, tanto na parte aérea coma nas súas raíces. Tradicionalmente, o alcanfor obtíñase mediante a destilación da madeira; na actualidade tamén se extrae das follas e pólas novas, o que permite sacarlles rendemento ás árbores sen ter que cortalas. O alcanfor tamén pode extraerse de síntese e a custo máis reducido. Úsase como desinfectante, antiséptico ou insecticida, entre outros. A súa madeira de cor marrón clara emprégase para fabricar mobles, en ebanistería e en acabados de interiores de vivenda
    Necesidades
    Require climas suaves, aínda que é bastante resistente ás xeadas. Prefire solos fértiles e ben drenados, con exposición luminosa, e tolera a proximidade ao mar
    Outros datos
    A súa casca é lisa e agrisada cando a árbore é nova, mais co paso do tempo tórnase grosa e rugosa e presenta fisuras lonxitudinais
    Others