Saltar ao contido

Actividade: Día da árbore

A C.M.V.M.C. de Tameiga, como continuación da súa política de ordenación do Monte, mantemento, corta e repoboación, celebrou no mes de marzo do 2015 o “DÍA DA ÁRBORE” co obxetivo de achegar aos veciños, en especial aos máis pequenos, “QUE É O MONTE”, e que beneficios nos da. Tarefa é de todos amar e protexer os nosos montes, e tarefa é a nosa obliga de ensinar a respetar, cuidar e querer o monte, dándolle prioridade os nenos e nenas. Así, a C.M.V.M.C. de Tameiga púxose de acordo co Colexio Peña de Francia, para a celebración do “DÍA DA ÁRBORE”, donde participaría todo o colexio nunha plantación de castiñeiros e carballos, proposta ben acollida por mestres e dirección.

A C.M.V.M.C. de Tameiga se encargaría do transporte do persoal, dotación das árbores, almorzo e de falar da natureza cos nenos e nenas; o colexio púxo os mestres e alumnado para a aplantación.

¡XA ESTA TODO DISPOSTO!, ¡A TRABALLAR!

Foi un día calquera do mes de marzo, e foron acollidos 163 nenos e nenas de educación primaria e infantil. Na zona dos Torroados e Urtiga se lles asina unha parcela e a plantar. É unha gozada mirar a estos cativos, con un castañeiro máis grande que eles, como corren, caen, érguense, plantan, colocan a etiqueta co seu nome, e volven o lugar de partida; onde son agasallados cunha bolsa de tela de cor amarela que leva o logotipo da Comunidade de Montes, unha mazá, un iogur bebible e unha botella de auga, ¡a almorzar!

¿Que pasa?,¡ os mestres non plantaron!; ¡a plantar!; ¿que aprendan dos pequenos?

Ó día seguinte, na finca da Fonte da Portela, foron acollidos 145 alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria na compaña dos seus mestres; onde se vai a facer unha plantación de carballos seguindo o mesmo esquema que os compañeiros do día anterior; coa salvidade de que o terreo é escarpado e costa arriba, tendo que axudarse mutuamente, xa que o carballo é grande. Da gusto velos trepar agachados e plantar, xa que parecen formiguiñas elaborando. Terminada a tarefa, imos almorzar, para partir cara o centro das Pedriñas onde tiveron a oportunidade de xogar, gatear e tocar os tractores, ver a maquinaria e ver unha demostración de como unha árbore convírtese en leña; momento ideal para comentar con eles, que para cortar unha árbore, foi necesario que alguén a plantase antes.

Esta é a crónica dunha plantación de árbores onde participaron 308 alumnos do Colexio Peña de Francia, os seus mestres, traballadores e directivos da C.M.V.M.C. de Tameiga.

¡Oxalá que estes alumnos nunca esquezan este día!; que de vez en cando, visiten a súa árbore, e teñan a sorte de velos dar froitos de abondo.

Niños plantando unos árboles