Saltar ao contido

I Concurso Fotográfico Comunidade de Montes de Tameiga 2023

 

Descarga aquí as bases

 

I CERTAME DE FOTOGRAFÍA 

COMUNIDADE DE MONTES DE TAMEIGA 2023

 

  1. PARTICIPANTES

 

Poderá participar calqueira persoa maior de 12 anos, e o certame distribuirase en dúas categorías

 

Categorías:

-Maiores de 16 anos (nados antes do ano 2007)

-Entre 12 e 16 anos (nados entre 2007 e 2011)

 

  1. MODALIDADE

 

Só se admitirán impresións en papel fotográfico.

 

  1. TEMA

 

O monte como fornecedor de recursos, como actividade económica e como pervivencia do medio ambiente, da auga e da paisaxe (cor e/ou branco e negro)

 

  1. OBRAS

 

Poderanse presentar un máximo de 4 fotografías por participante.

 

Non se aceptarán fotos publicadas nas redes sociais ou que xa se presentaran noutros concursos.

 

  1. FORMATO

 

Non se permitiran correccións con software de fotografía, nin marcas de auga, nin montaxes

 

O tamaño das imaxes é libre, debendo montarse nun soporte de passepartout 40×50 cm cun espesor máximo de 3 mm.

 

Ao mesmo tempo, os participantes deberán enviar unha copia dixital da fotografía, ou fotografías  (que se identificará co título do traballo) ao correo electrónico concursofotografiatameiga@gmail.com para a posterior edición do catálogo do concurso. Recomendamos o espazo de cor sexa sRGB. Ningún archivo pode superar os 10 MB.

 

Unha vez rematado o catálogo, todos os ficheiros enviados serán destruídos.

  1. IDENTIFICACIÓN

 

No dorso de cada obra figurará o título de cada fotografía e a identificación do autor/a. 

 

Xunto coas fotos, o formulario de inscrición debe vir cuberto correctamente.

 

Tamén se pode enviar por correo electrónico o formulario de inscrición, xunto cos arquivos dixitais.

 

  1. ENTREGA DAS FOTOGRAFÍAS

 

Entregarase na Oficina da Comunidade de Montes, en horario de 9:30-14 horas e 16:30-20 horas.

 

  1. XURADO

 

Exercerá como xurado a Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga

 

  1. PREMIOS

 

Categoria maiores de 16 anos:

Primeiro premio en metálico de 150 euros.

Segundo premio en metálico de 100 euros.

Terceiro premio en metálico de 50 euros.

 

Categoria entre 12 e 16 anos:

Primeiro premio: cámara de fotos Instantanea

Segundo premio: cámara de fotos dixital compacta

Terceiro premio: auriculares bluetooth

 

  1. CALENDARIO

 

Admisión de obras:

 

A data tope de entrega de fotografías será o 1 de setembro de 2023 ás 20 horas.

 

O fallo farase público na web da Comunidade de Montes de Tameiga e nos perfís das redes sociais do Centro Cultural as Pedriñas

 

Entrega de premios e exposición:

 

A entrega de premios será o 11 de novembro de 2023 na celebración do Magosto.

 

  1. CATÁLOGO WEB

 

Publicarase un catálogo de fotografías, que se enviará a todos os participantes, no que se reproducirán todas as obras premiadas e unha ampla colección das obras seleccionadas, na que irá o nome do seu autor ou autora.

 

  1. EXPOSICIÓN

 

Unha selección dos traballos presentados exporase no Centro Cultural A Pedriñas

 

  1. DEVOLUCIÓN DE OBRAS

 

Os traballos non premiados serán devoltos por conta da organización, durante o mes seguinte á data de peche da exposición.

 

  1. OBSERVACIÓNS

 

O feito de asistir a este concurso supón a total aceptación das presentes bases.

 

Calquera incidencia sufrida, non reflectida nelas, será resolta pola organización.

 

Todos os traballos premiados quedarán en propiedade da organización, reservándose o dereito da súa publicación ou exposición non comercial, citando en todo caso o nome do/a autor/a.

 

As persoas que participen son responsables do cumprimento das disposicións relativas á propiedade intelectual e dereitos de imaxe sobre as fotografías presentadas, declarando que a difusión e/ou reprodución no marco do concurso e destas bases non danan a terceiros e asumindo persoalmente calquera responsabilidade que poida derivarse deles.

 

A organización porá o máximo coidado na conservación das obras, declinando calquera responsabilidade en caso de deterioración ou perda dos mesmos por causas alleas á súa vontade.