Posta en funcionamento do ascensor que conecta as distintas planta do Centro Social As Pedriñas e facilita o acceso das comuneiras e comuneiros con dificultade para moverse.
O coste das obras ascendeu a 45 mil euros, sufragadas pola Comunidade de Montes de Tameiga coa colaboración da Obra Social da Caixa.
Coa instalación dun ascensor que conecta as distintas plantas do centro social As Pedriñas, a Comunidade de Montes de Tameiga satisface unha demanda das comuneiras e comunieros con mobilidade reducida.
O ascensor conecta a sótano do auditorio coa primeira planta onde se ubican as oficinas e talleres, pasando pola planta baixa onde se atopa a cantina.
Esta actuación está encadrada no plan de melloras do centro social, foi costeada con 35 mil euros dos fondos propios da Comunidade de Montes de Tameiga e contou coa colaboración da Obra Social de A Caixa, que fixo unha aportación de 10 mil euros.